Inicio

 

Benvidos ao espazo web do Plan Proxecta do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.

  


O proxecto ten como obxectivo fundamental capacitar aos estudantes dos ciclos de Administración e Xestión en competencias relacionadas coa publicidade e o marketing. 

Podemos ver algúns exemplos dos traballos creados no apartado "Publicidade ilícita".

Tamén creamos carteis, trípticos, vídeos e perfís nas redes sociais. Pode verse parte do material creado na sección "Campaña ciclos" deste blog.

 OS alumnos do ciclo medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia realizaron os traballos sobre etiquetaxe que podedes ver no apartado "ASPD". 

Ao mesmo tempo, cada grupo de alumnos traballa na campaña publicitaria da empresa ficticia creada, ideando material, estratexias publicitarias e levando o perfil das redes sociais. Pode verse na sección "Campaña empresas" do blog.